Davila pide ao Ministro de Xustiza a quinta praza de xuiz para a Seción Sexta de Vigo
A portavoz do BNG no Congreso critica duramente nas súas iniciativas que o Ministerio de Xustiza decidise non incluir na relación de novas prazas de xuices a esperada praza de quinto xuiz para a Seción Sexta de Vigo, a pesar de que foi solicitada polo Consello Xeral do Poder Xudicial.
Nun informe previo, o Consello Xeral do Poder Xudicial argumentaba a necesidade desta praza porque os novos asuntos que rexistra a sala civil viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra supera o indicador de entrada, que ascendeu nun 10% no primeiro trimestre de 2014, e en segundo lugar, debido á súa elevada pendencia en relación aos casos que se acumulan á espera de ser resoltos.
O informe previo do CXPX é claro
Davila reprocha ao Ministerio que non incluise esta praza no Real Decreto aprobado polo Goberno o pasado 31 de outubro, mália que as estatísticas do CXPX dos tres primeiros trimestres deste ano poñen de manifesto a existencia de 818 asuntos pendentes de tramitación, o que sitúa á sala viguesa no posto 19 dun total de 101 secións civís do estado en canto a pendencia.
Olaia Fernández Davila traslada ao Goberno as críticas procedentes do ámbito xudicial como as do propio presidente da Seción Sexta e outros maxistrados titulares. Nun comunicado advirten de que esta sala podo voltar a liderar a listaxe de salas máis colapsadas do estado como xa sucedeu no pasado. Lembran que a Seción Sexta chegou a acumular 1.600 casos pendentes. Outra cuestión que lles preocupa é a posibilidade de que en decembro se suprima o xuiz de reforzo actual co cal a situación empioraría.
Razón pola que dirixe ao Ministerio unha batería de preguntas: Qué disposición ten o Ministerio a atender a demanda da quinta praza de xuiz para a Seción Sexta? Vai reconsiderar a súa postura e proceder á creación desta praza? Mentras tanto, vai manter o Ministerio a praza de xuiz de reforzo existente actualmente na Seción Sexta de Vigo?.
A deputada do BNG quer saber por qué motivo o Ministerio obviou esta necesaria demanda, e que criterios seguiu para distribuir as 112 prazas en órgaos colexiados que se contemplan no Real Decreto aprobado.