Davila insta a Tejerina a ampliar os prazos de tramitación das axudas da PAC
A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na que insta á Ministra de Agricultura a ampliar os prazos de tramitación de solicitudes de axudas pola PAC até o 15 de xuño debido aos retrasos que está a sofrer a Campaña 2015.
A deputada do BNG explica que a Campaña 2015 de acceso ás axudas da PAC está padecendo unha importante demora debido aos retrasos na posta en marcha da aplicación informática, e debido ao retraso na publicación da normativa correspondente.
Ademáis, enfatiza, outro problema que garda relación co retraso é o relativo ás circulares do FEGA sobre cuestións importantes para a correcta orientación e tramitación das solicitudes.
Olaia Fernández Davila sinala que esta situación está a xerar unha grande inquedanza no sector agrario, preocupado polas dificuldades coas que se van atopar á hora de realizar as xestións pertinentes cando están a piques de finalizar os prazos estabelecidos.
O Comisario de Agricultura propuxo ampliar os prazos até o 15 de xuño
Davila lembra que o Comisario de Agricultura da UE propuxo autorizar aos estados membros a prorrogación até o 15 de xuño do prazo para a presentación de solicitudes dos pagos da PAC. Proposta que consideramos debería ser asumida polo Goberno pola importante demora que está a sofrer o proceso en todo o estado, como é o caso de Galiza.
A deputada do BNG pón de manifesto a difícil situación pola que atravesa o sector agrario xa moi preocupado polo fin das cotas lácteas. Parece que se lle acumulan os problemas mentras o Goberno permanece inmóvil a toda cuestión e empraza ao Ministerio a tomarse en serio a un sector de grande relevancia en territorios como Galiza.