Davila demanda a Tejerina más cotas de bocarte para o cerco galego e que modifique o reparto
´
O 98,86% das cotas para a frota andaluza e o 1,14% para a galega
A deputada do BNG explica que no seu momento o Ministerio fixo unha distribución das cotas de pesca de bocarte na zona IXa que premiou especialmente á frota andaluza. Deste xeito, o Ministerio otorgaba ao Golfo de Cádiz o 98,86% do total da cota, mentras que á frota galega só se lle adxudicaba unha ridícula porcentaxe do 1,14%%.
Daquela, o Secretario Xeral do Mar afirmaba que esta distribución obedecía a un compromiso de aproveitar a totalidade da cota por parte da frota andaluza, e indicábase que se trataba dunha medida provisional, sinala.
A parlamentar nacionalista lembra que o reparto destas cotas foi moi polémico e provocou un grande malestar entre a frota de cerco galega. Pero a pesar de que se garantiu a súa temporalidade, a cuestión é que o tempo pasa e o que debía ser provisional parece que se vai consolidando como algo inamovíbel.
A deputada do BNG pón de manifesto que a frota pediu á Ministra en 2014 que cumprise o compromiso e habilitase máis cota de bocarte para o cerco de Galiza. Sería desexábel que o Ministerio revisase esta distribución para o ano 2015, otorgando á frota de cerco galega maiores posibilidades de pesca dada a súa importanza e o seu peso.
Razón pola que dirixe ao Ministerio unha batería de preguntas: Vai o Ministerio a modificar a actual distribución de cotas de bocarte para a zona Ciem IXa, dando maiores posibilidades de pesca á frota galega de cerco? Por qué non se modificou aínda a distribución destas cotas? Vai o Goberno a dialogar e informar debidamente ao cerco?.