Davila demanda unha inspeción e vixianza maior do pecio do Prestige onde repousan toneladas de fuel
A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou na Cámara unha iniciativa parlamentar na que demanda ao Goberno central unha inspección e un control maior do pecio do Prestige onde se albergan, según algúns cálculos, máis de 1.100 toneladas de fuel.
Olaia Fernández Davila lembra que hai once anos que se afundiu o pecio do Prestige a 250 quilómetros da costa galega. Os restos repousan a 3.500 metros de profundidade e albergan no interior dos pecios unha grande cantidade de combustíbe, que algúns informes sitúan sobre os 1.100 toneladas.
Davila sinala que ao BNG lle preocupa o estado dos pecios, sobre todo se hai fugas de fuel. O único control que existe sobre a zona son as imaxes que se toman desde o satélite da Axencia Europea de Seguranza Marítima. Nese sentido, cuestiona que sexa suficiente. Cre o Gobermo que é suficiente coas imaxes que o satélite da Axencia Europea de Seguranza Marítima toma do lugar onde se atopa o petroleiro?.
É hora de facer un estudo sobre o estado do barco afundido
A deputada do BNG recorda que a última inspección submariña para revisar os restos do buque afundido foi en 2007. Considera o Goberno que é preciso realizar unha inmersión submariña para inspeccionar os restos do Prestige, especialmente os pecios que gardan fuel?. Que informes ten o Goberno en relación ao estado dos pecios?.
Davila insta ao Executivo a encargar un estudo sobre a situación do fuel acumulado no Prestige ao Instituto Español de Oceanografía e ao Centro de Investigacións Medioambientais. De cando data o último informe sobre o pecio afundido? Avistáronse manchas de fuel desde o ano 2007?. Son algunhas cuestións que a deputada nacionalista formula ao Goberno.
Salienta a parlamentar nacionalista que o BNG se interesou en numerosas ocasións polo estado dos restos do Prestige debido á preocupación de que se produza unha nova contaminación da costa galega por fuel. É importante que non se desatenda a vixianza sobre os restos do buque ministrado.
Ademáis, Davila solicita ao Goberno unha serie de dados: Cantos barcos pasaron polo corredor de Fisterra desde 2011? Cantos deses barcos transportaban materias perigosas ou altamente contaminantes?.