Davila demanda a Cañete axudas sen exclusións para os mariñeiros afectados polo de Mauritania
A deputada do BNG faise eco das queixas dos mariñeiros polo borrador do Decreto de axudas do Ministerio que exclúe da cobertura a máis de vinte mariñeiros por circunstancias como estaren de vacacións ou non estaren enrolados o 31 de xullo.
Davila pón de manifesto que Galiza é a grande perdedora do novo acordo pesqueiro xa que todos os seus barcos cefalopodeiros ficaron fóra, sen teren outras alternativas. Dada a situación, resulta totalmente incomprensíbel que o Ministerio decidise realizar un Decreto de axudas cicateiro, que deixa sen cobertura a un colectivo de mariñeiros cando debería ter en conta a todos os afectados.
Un Decreto cicateiro que racanea as axudas
A parlamentar nacionalista traslada o malestar dos cefalopodeiros galegos afectados porque o Decreto establece unhas condicións moi duras como teren que demostrar que no último ano estiveron polo menos tres meses no caladoiro e que estaban enrolados cando os barcos deixaron as augas mauritanas a comezos de agosto.
Davila acusa ao Ministerio de cometer unha inxustiza porque se exclúe aos que permaneceron en Mauritania a bordo dos barcos durante os dous meses de paro biolóxico. E posto que traballaron neses meses mentras os demáis descansaban, é a razón de que non estiveran enrolados cando a frota galega ficou excluida do Acordo.
A deputada nacionalista lembra que na comparecencia do Ministro o BNG trasladoulle a súa contrariedade polo fracaso do Acordo de Pesca con Mauritania, deixando sen caladoiro onde pescar a un importante grupo de barcos galegos. É preciso que se reabran as negociacións e se aproben as axudas canto antes.
Davila cualifica o borrador de Decreto de cicateiro porque racanea as axudas aos afectados.
¿No se está practicando una política cicatera con una flota que no tiene otras salidas y a la que no se le ofrecen otros caladeros para pescar?