Davila defende melloras no voto dos residentes no exterior pero non a rebaixa das garantías
A Comisión de Constitucional debatía esta tarde tres proposicións non de lei doutros grupos parlamentares (PSOE, Izquierda Plural e UPyD) que en xeral pedían a eliminación do voto rogado para os residentes no exterior. A deputada do BNG presentou unha emenda para demandar que só se suprima a obrigatoriedade de solicitar o voto rogado para aqueles votantes que exerzan o seu dereito ao voto en urnas instaladas nas oficinas diplomáticas ou consulados.
Debe haber transparencia e os mesmos dereitos que para os habitantes do estado
Olaia Fernández Davila compartiu a necesidade de facilitar aos emigrantes o dereito ao voto, como unha maior axilidade no envío de documentación, e que deberían ser subsanados. Hai fallos e erros que deben ser solucionados, pero amosou o desacordo do BNG a restar garantías ao voto emigrante. E deixou clara a posición do BNG favorábel a que se emita o voto en urna nos Consulados e nas oficinas diplomáticas.
Recalcou que na reforma da LOREG se acordou estabelecer o voto rogado, e foi froito dunha reflexión profunda de todos.E teño que pór de manifesto que a eliminación total do voto rogado supón unha discriminación en relación aos votantes no estado español. Para votar no estado español se non o fas en urna o día das votacións, tes que solicitar o voto por correo. Entón, cal é o problema? Hai unha equiparación entre os dereitos dos que residen no exterior e os que habitamos no estado.
Son galega, e coñezo a realidade da votación no exterior. Había moito fraude, e incluso votaban mortos. Por iso era preciso introducir máis control no procedemento de voto no exterior. E responsabilizou o descenso de votantes no exterior a circunstancias como a falla de control e transparecencia que existía antes.
Davila amosouse partidaria de levar a cabo todas as modificacións necesarias para mellorar e facilitar o procedemento de votos dos residentes no exterior, pero non compartimos que se estabelezan dereitos distintos aos que teñen os habitantes do estado que votan por correo.