Davila critica a "doble moral do PP" por censurar as preguntas do BNG sobre o Xefe do Estado
A portavoz do BNG realiza estas manifestacións após de coñecer oficialmente que a Mesa do Congreso decidiu censurar parcialmente a pregunta por escrito presentada polo BNG o pasado 1 de abril sobre a necesidade de aumentar a transparencia do patrimonio do Xefe do Estado. Unha pregunta que aludía á conta que o rei posee en Suiza e preguntaba sobre a súa tributación. O PP só aceitou as relativas á lei de Transparencia.
O BNG non entraba en ningún momento a cuestionar o patrimonio privado do Xefe do Estado, pero si formulábamos unha serie de preguntas sobre a tributación de dita conta e o seu patrimonio. sinala Davila.
Para a deputada do BNG trátase dun exercicio de censura inexplicábel por parte do PP, porque se produce ao mesmo tempo que trata de pactar unha Lei de Transparencia con todos os grupos parlamentares. O debate sobre a inclusión da Casa Real está sobre a mesa de todo o mundo, é unha cuestión que non se pode eludir, e á que o mesmo Goberno e a mesma Casa Real accedeu. Entón, non é un sinsentido bloquear no Parlamento as preguntas sobre o patrimonio do rei?, pregúntase a deputada do BNG.
A Casa Real española, das menos transparentes
Davila pón de manifesto que estamos ante a institución monárquica menos transparente da denominada vella Europa. Sen ir máis lonxe, calquer cidadán pode consultar todos os detalles dos gastos da raíña Isabel II de Inglaterra através de internet. Sen esquecer, que os fondos públicos que percibe a raíña británica son obxecto de escrutinio no Parlamento inglés.
Para a deputada, se de verdade o PP aposta pola transparencia debe comezar por aceptar na habitual actividade parlamentar as preguntas que formulamos deputadas do BNG sobre o patrimonio do Xefe do Estado e a súa tributación. Coa súa actitude de hoxe, moitos nos tememos que os desexos do PP de transparencia non sexan máis que un brindis ao sol.