Davila considera que o Acordo de Pesca UE "é insuficiente"
O Ministro de Agricultura comparecía no Congreso a solicitude do BNG para abordar o tema da Reforma Pesqueira, a PAC e a situación do sector lácteo.
Davila pediu ao Ministro que se continúe co diálogo porque os acordos acadados na Comisión europea non reflexan moitas das necesidades que ten o sector pesqueiro galego. Tratouse a cuestión do Principio de Estabilidade Relativa? Porque é un tema fundamental para que non haxa desequilibrios.
En relación á xestión diferenciada da pesca artesanal, Davila deixou claro que aínda que se exclúe a este sector da pesca do reparto das cotas, o importante é que se logre a súa xestión diferenciada porque se trata dunha actividade que ten grande importanza nas zonas costeiras de Galiza, aporta carga de traballo e actividade.
Descartes: hai que mellorar as artes de pesca
No que atinxe aos descartes, Davila sinalou que se trata dun acordo relativamente positivo porque ao final só se logrou que un 5% dos descartes non computen dentro da cota de capturas asignada a cada embarcación. A deputada do BNG considera bón que se flexibilice o estabelecemento dos descartes pero demandou que se fagan as modificacións necesarias para rebaixar o seu impacto: por exemplo, acadando melloras nas artes de pesca.
Vosté afirmou que as cotas se van ir aumentando gradualmente pero observamos que hai níveis de stock óptimos en pesquerías como a da pescada, o xurelo ou o rape, indicou Davila.
A deputada do BNG tamén instou ao Ministro a garantir as competencias das CC.AA.
Fixe un prezo de referencia no tema lácteo
No relativo ao contrato lácteo, a deputada do BNG reclamou ao Ministro que se estabeleza un prezo de referencia porque se non hai posibilidade de manter un prezo os contratos homologados non valen para nada como se está a demostrar na Galiza. En relación á PAC, Davila pediu a Cañete unha sesión específica sobre este tema dada a súa trascendencia. Pediu que as axudas estean vinculadas ao mantemento da actividade agraria