Davila censura a Montoro por aprobar o teito de gasto e pretender "hipotecar ao Goberno entrante"
Montoro fixo inicialmente unha presentación do límite de teito de gasto, unha intervención que a deputada do BNG criticou duramente. Coa presentación do límite de gasto e obxectivo de estabilidade orzamentaria para 2016, o Goberno vai máis alá admisíbel ao pretender deixar en herdanza a súa nefasta política económica.
Davila afirmou que en catro anos de lexislatura demostrouse que ter como únicas prioridades a redución do défice e a consolidación fiscal, implicou un sacrificio enorme para a creación de emprego e para o mantemento dos servizos públicos básicos. Acusou ao Goberno de estar empeñado en que se manteña esa hipoteca para o Goberno entrante.
Unha medida anti democrática
Afirmou que só polo carácter anti democrático desta medida: a de aprobar o Orzamento do ano vindeiro sen ter a lexitimidade para xestionalo, é o que xustifica o voto en contra do BNG. Sinalou que resulta incomprensíbel que pretendan trasladarlle o novo Goberno os mesmos erros que vostedes cometeron en política económica orzamentaria.
Salientou que o feito diferencial desta lexislatura non foi a recuperación económica senón o aumento das desigualdades. Reprochou a Montoro que presuma de que o límite de gasto se reduza nun 4,4% porque dí que baixa o gasto en desemprego. Entón, por que non destinan ese fondo á políticas de fomento de emprego liberando á Seguridade Social desa carga?.
Criticou ao Ministro de Facenda por dicer que non se ían reducir as pensións, pero non se van reducir porque está o Fondo de Reserva, que acabarán esgotando . Por que non transfiren á Seguridade Social esa diferenza?. A deputada do BNG respostouse a se mesma apuntando cara as últimas propostas populistas que vostedes fixeron. Reprochoulle a redución dos ingresos do estado, medida na que siguen insistindo.
En canto á porcentaxe de défice atribuíbel ás CC.AA, criticou que as exixencias sexan maiores para as autonomías que para a Administración do Estado cando son as que xestionan o gasto en sanidade, educación e servizos sociais. Son as que prestan a maior parte dos servizos básicos á cidadanía.