Davila a Cañete: "non confiamos nas medidas do Goberno porque o sector lácteo está cada vez pior"
Non somos optimistas coas súas medidas Señor Ministro porque o sector cada vez está pior, sinalou Davila, quen lle demandou a aprobación dun Plan Lácteo, así como a adopción de medidas para que o prezo en orixe do leite supere os custes de producción.
A deputada do BNG puxo de manifesto que o sector lácteo vive un gran drama económico, coa perda constante de postos de traballo que siguen a sumar desempregados. Nos últimos anos se contabilizou a perda de 10.000 postos de traballo. No ano 2012 os gandeiros pechan o ano con perdas de 130 millóns de euros.
Situación moi difícil do sector lácteo
Davila puxo enriba da mesa unha solución: a aprobación dun Plan Lácteo.
Describiu a situación in extremis de moitas explotacións que melloraron as súas instalacións pedindo créditos bancarios e agora se atopan nunha situación de total desprotección. Hai máis de 2.000 explotacións ao borde da suspensión de pagos. A situación do sector non pode ser máis grave. Os custes de producción aumentaron e os prezos en orixe non o fan ao mesmo nivel. Nese sentido, lembrou que o prezo en orixe a nivel do estado estaba en 33 céntimos mentras que os gandeiros galegos percibían 28 céntimos.
Formulou ao Ministro unha serie de cuestións: Qué garantías pode dar o Goberno ao sector de que vai haber unha auténtica negociación entre o sector e a industria do leite? Qué garantías de que o prezo do leite ao público non sea moi superior?. Para a deputada do BNG os prezos en orixe deben superar os custes de producción.
En canto á negociación da PAC. Davila reclamou ao Ministro que sexa firme na negociación da PAC e que non se retiren as axudas ao agro galego. É preciso mellorar o reparto das axudas tanto desde un punto de vista social como territorial, e promover a creación de emprego no sector. Debe haber unha distribución máis equitativa entre os países.