Daniel Rodas toma posesión como novo deputado do BNG
26 de marzo de 2013 (12:50 h.)
O parlamentario do BNG substitúe no Parlamento galego ao ex-deputado Carlos Aymerich.
Ao igual que fixeran o resto dos deputados e deputadas do grupo parlamentario do BNG, Daniel Rodas Chápela tomou posesión utilizando un cravo e un exemplar do ensaio político Sempre en Galiza de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, simbolo da cultura e nación galega.
Reseña biográfica
Moaña,1961. Cursou estudos de enxeñería. Foi horticultor, mariñeiro e traballador da construcción naval, na actualidade é funcionario da Consellería de Pesca. Concelleiro en Moaña desde ano 2003 e deputado provincial na Deputación Provincial de Pontevedra entre os anos 2007 e 2011. É membro do Consello Comarcal do BNG do Morrazo.