Crónica da XIII Asemblea Nacional de Galiza Nova: ampla participación, debate e novo impulso!
O encontro caracterizouse polo compañeirismo e polo debate para mellorar o traballo e o activismo da organización xuvenil do BNG. O exercicio da autocrítica, detectando os erros e pondo en valor os acertos, desenvolveuse durante a sesión da mañá, finalizando co apoio ao informe político da Dirección Nacional co 95% dos votos a favor.
Xa pola tarde, houbo un amplo confronto de ideas para definir entre todas a nova estratexia xuvenil nacionalista. Neste sentido, as teses recibiron máis do 96% de votos a favor. A través delas, Galiza Nova analiza a situación da mocidade galega, detectando as causas e culpábeis (sistema capitalista e sometemendo de Galiza polo réxime español) e dotouse para os vindeiros anos dunha nova estratexia xuvenil nacionalista e un proxecto para unha acción política e social revolucionaria en favor da independencia de Galiza e da conquista dun futuro digno para a mocidade, con traballo, dereitos sociais e liberdades, e das alternativas programáticas que a mocidade de hoxe precisa nas vilas e cidades, no ensino, para a creación de traballo digno e na terra, para a superación do machismo e do heteropatriarcado
Logo dun debate rico grazas á masiva participación de militantes e simpatizantes de Galiza Nova, Alberte Mera afirmou na clausura da Asemblea Nacional que temos que ser a alternativa que a mocidade precisa. Por iso debatemos, actualizamos o proxecto do nacionalismo xuvenil para a mocidade galega de hoxe, coas necesidades de hoxe, un proxecto alternativo á podremia sistémica, un proxecto para participar activamente na construción dun país novo ao que denominamos a República da Galiza, unha república que verta esperanza nun mundo atinxido de odio e dominación.
DIRECCIÓN NACIONAL DE GALIZA NOVA
A nova Dirección Nacional electa (co 98% dos votos a favor) conxuga militancia con experiencia na loita e activismo con ampla renovación con mozas e mozos de 16 e 17 anos que achegarán novas formas de traballar e actuar entre a mocidade máis nova do País para avanzar na autoorganización da mocidade galega, e polo tanto, fortalecer o proceso de autodeterminación. As 11 primeiras persoas forman parte da Comisión Permanente de Galiza Nova.
1.Alberte Mera García. Secretario Xeral de Galiza Nova. Nado en Vigo en 1987. Realizou estudos de Comunicación Audiovisual e máster en Comunicación e industrias creativas. Foi responsábel do campus de Pontevedra dos Comités Abertos de Faculdade (CAF). Desenvolve proxectos audiovisuais e creativos e é Secretario Xeral de Galiza Nova desde o 2012.
2.Sabela Bará Louro, 21 anos, Pontevedra estudante de tradución e activista no movemento xuvenil.
3.Miguel Bouzó Rodríguez, 20 anos, estudante, O Condado. Responsábel local de Galiza Nova
4.Lucía Veciño Souto, Bergantiños. 23 anos, activista feminista e estudante de mestrado de xénero.
5.Alberto Oubiña Piay, Pontevedra. 23 anos, graduado en Relacións Laborais, responsábel local de Galiza Nova.
6.Antía Insua Lema, Costa da Morte. 22 anos, activista no movemento ecoloxista, feminista e xuvenil.
7.Luís Pérez Barral, Barbanza. 24 anos, estudante de filoloxía e concelleiro do BNG en Ribeira.
8.Olalla Rodil Fernández, Lugo Centro. 25 anos, Xornalista de Sermos Galiza.
9.Hadrián Rodríguez Bravo, Vigo, 26 anos. Traballador e sindicalista da CIG no seu centro laboral.
10.Andrea Martíns Fernández, A Mariña. 23 anos, licenciada en filoloxía galega e activista no movemento en defensa da lingua.
11.Marcos Vilamor Pérez, Lugo Sul, 18 anos, traballador e estudante de ensino medio.
12.Amanda Rei Castro, Ferrolterra.
13.Xacobe García Souto, O Ribeiro
14.Olalla Marcote Suárez, Compostela.
15.Daniel Candal Castro, A Coruña.
16.Davinia Rubinos Regueiro, Lugo Centro.
17.Yelco García Armada, Ourense.
18.Alba Sánchez Castanedo, A Coruña.
19.Luís Pérez Álvarez, Allariz A Limia.
20.Maruxa Martínez Romaní, Muros Noia.
21.Ernesto Vázquez-Rey Farto, Pontevedra.
22.Andrea Araúxo Fernández, Baixo Miño.
23.Pablo Villasante González, A Montaña.
24.Beatriz Pérez Traseira, Vigo.
25.Rubén Arroxo Fernández, Lugo Centro.
Saúdos de organizacións xuvenis internacionais a Galiza Nova:
Plaid Cymru Ifanc Youth (Gales)
UDB Jeunes (Bretaña)
Juventude Comunista Portuguesa
Juventud del Partido Socialista Unido de Venezuela
Yesca (Castela)
Juventuts d´Esquerra Republicana de Catalunya
Joves dEsquerra Nacionalista- Partido Socialista de Mallorca
Gazte Abertzaleak (Eushal Herria)