As cotas da UE obrigan á frota galega "a tirar o noso futuro pola borda"
O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas denuncia a indefensión de Galiza ante a Unión Europea
O portavoz de Pesca do BNG, Daniel Rodas afirma que a UE impón unha cota abusiva á flota galega en conivencia co Estado español e a Xunta de Galiza.
Para o deputado do BNG, as cotas impostas pola Unión europea discriminan a Galiza mentres flotas de arrastreiros doutras nacionalidades pescan cabala con total normalidade na nosa propia costa, descárgana nos portos galegos e véndena nos nosos mercados.
Neste sentido, e parafraseando ao escritor e actor galego, Roberto Vidal Bolaño, o nacionalista denunciou que estamos fartos da autocastración que nos impón o Partido popular.
O parlamentario do BNG reclama que o reparto de cotas sexa en función de criterios socioeconómicos co fin de garantir a pesca artesanal durante toda a campaña para consolidar o emprego, soster as comunidades costeira e defender a supervivencia do sector.
O BNG, a través do vídeo e o documento informativo baixo o lema xestionemos a nosa pesca e gobernemos o noso mar inicia unha campaña contra os desequilibrios catastróficos que provocan as cotas pesqueiras do ano 2013 para a flota artesanal galega.