Congreso: o BNG apoiou no Pleno a retirada da reforma do aborto do PP que tilda de "lei represora"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, expresa estar tarde no pleno o apoio do BNG ás iniciativas parlamentares que piden a retirada do “reaccionario anteproxecto de lei do PP para reformar a lexislación en materia de aborto”.

Davila reprochará ao PP que co polémico anteproxecto trate de “eliminar dereitos fundamentais das mulleres. Non dubidamos na necesidade de protexer ao non nascido pero non estamos dacordo en que esa protección xurídica prevaleza ou suprima dereitos das mulleres”.

A actual lei non obriga nen impón, permite que as mulleres decidan libremente

A deputada do BNG acusa ao PP de “pretender laminar unha lei do ano 2010 que non só respecta os dereitos fundamentais das mulleres senón que tamén os garante”. “Ante unha lei como a actual, que nada impón, que garante a liberdade das mulleres, a súa libre decisión, este Goberno popular nos propón unha lei opresora e represiva”. A actual lei, subliña, “non obriga a ningunha muller a abortar pero asegura que quen así o decida libremente poida facelo con todas as seguridades xurídicas e sanitarias”.

Davila critica ao PP por querer aprobar unha lei “na que unha minoría pretende impór as súas crenzas, as súas prohibicións e arrebatar a liberdade ás mulleres”. Para a deputada do BNG a proposta do PP “empurra ás mulleres que queiran interrumpir o seu embarazo a facelo na clandestinidade, en condicións insalubres e con perigo para as súas vidas. Algo que nos leva a tempos pretéritos”.

A deputada do BNG enfatiza que “a ideoloxía que destila o anteproxecto de Gallardón é a ideoloxía da sumisión”.

Olaia Fernández Davila salienta a doble moral do PP que apela á proteción das persoas discapacitadas cando incumpre “outros acordos internacionais como os da Conferencia do Cairo e de Pekín, que contemplan o aborto como o último eslabón dunha cadea que garante o poder de decidir das mulleres sobre cando, e cómo queren ser nais, incluindo o seu dereito a ter o control sobre a súa saúde sexual e reprodutiva”.