Sen concurso eólico até o 2016
O deputado do BNG Fernando Branco Parga denunciou este mércores que coa aplicación das medidas lexislativas aprobadas polo Goberno Central, en concreto coa suspensión das primas a renovábeis e o peche do rexistro de preasignación é imposíbel a materialización real do Concurso Eólico do Goberno Feijóo.
Porén, tivo que recoñecer que ningún Mw deste Concurso entrara no Rexistro de Preasignación, que estivo aberto entre xuño de 2009 a Xaneiro de 2012, requisito imprescindíbel para que se permita a instalación de parques Eólicos.
Cronograma da Xunta
O director xeral tamén quixo desvincularse do cronograma anunciado no seu día pola Consellaría de Industria, onde fixaba o comezo de 2012 como data prevista para a entrada en funcionamento dos aeroxeradores.
Estamos diante doutro grande fracaso do Sr. Feijóo, semellante á perda das entidades financeiras galegas, que amosa a falla dunha política industrial
O deputado nacionalista quer lembrar que o propio presidente Feijóo considerou este Concurso Eólico como o gran plan industrial do seu Goberno e que, segundo el, ía xerar 14.000 empregos e un investimento de 6.000 millóns de euros.
Estamos diante doutro grande fracaso do Sr. Feijóo, semellante á perda das entidades financeiras galegas, que amosa a falla dunha política industrial, como reflicten os dados dos últimos 19 meses do Índice de Produción Industrial, onde Galiza está permanentemente no furgón de cola.