Carme Adán defende unha moción contra os recortes no Servizo de apoio á Mobilidade persoal- 065

Carme Adán en Pleno

A deputada lembrou que moitas persoas en Galiza precisan desta prestación que o Partido popular está a desmantelar con cobros abusivos

A deputada afirmou que a modificación deste servizo é un novo paso na eliminación dos programas de dependencia e benestar e a Xunta pretende deixar de prestar o servizo de traslado diario ou semanal dos dependentes ás terapias argumentando “racionalización do servizo” cando en realidade, dixo, temos que falar do seu desmantelamento.

Tras a intervención da popular, Marta Rodríguez Arias que xustificou a modificación do servizo baixo a acusación de terse convertido nunha “rede clientelar”, a deputada nacionalista respondeu que as veces "é moito mellor permanecer calada” en alusión as conversas reveladas nos medios de comunicación da deputada do Partido popular Paula Prado na Operación Pokémon, “si quere falar de rede clientelar, mire un pouco para as súas bancadas”, respondeu Adán.

Rodríguez Arias increpou á parlamentaria do BNG dende o escano interrompendo en varías ocasións o debate o que provocou a intervención da presidenta da Mesa, Pilar Rojo cunha chamada a orde á deputada popular.

Tras o altercado, Carme Adán lembrou que foi a propia Marta Rodríguez a que afirmou que 8.000 persoas teñen o “dereito recoñecido e gratis” a este servizo, sen embargo, explicou, non aludiu ás cartas informativas das cantidades que deberán abonar polo mesmo en función dos seus ingresos, “ 40, 50, 60 ata 180 euros”, afirmou.

“Este servizo non é gratis e hai persoas con discapacidade que mesmo non contan co servizo que están a pagar de forma abusiva”. Vostedes anuncian o seu voto desfavorábel a un servizo necesario, “quedaron sen transporte adaptado, dixo e vostedes non o poden negar”

A deputada lamentou que despois do esforzo para montar un transporte inexistente en Galiza para as persoas con problemas de mobilidade, o Partido popular “que non o mellorou agora queira desmantelalo”