O BNG solicita unha Deputación Permanente pola "lamentábel retención de Evo Morales"
A portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, defenderá na sesión da vindeira Deputación Permanente do xoves, 11 de xullo, a necesidade de que o titular de Exteriores compareza nunha sesión extraordinaria e explique a negativa de varias países da UE, entre eles inicialmente o Estado español, de prohibir a utilización do seu espazo aéreo ao avión no que viaxaba Evo Morales. Aínda que o Goberno español permitiu finalmente onte que o voó do Presidente de Bolivia aterrase nas Illas Canarias.
Davila considera necesario que Margallo explique a situación xerada e o tratamento "inxustificábel otorgado a un Presidente dun estado", que supón a vulneración de normas internacionais e incluso puxo en perigo a vida do mandatario ao se lle denegar as escalas precisas para repostar.
A deputada do BNG afirma que se trata de "feitos graves" e censura que "paises soberanos da UE cedan ás presións e intereses de EE.UU, sobre todo cando están baseados en falsedades".