O BNG solicita a comparecencia de Margallo pola espionaxe de EE.UU e "a actitude colaboradora"
Non imos pasar por alto o único tema que parecía estar presente entre os mandatarios do Consello europeo, a das escoitas masivas de EE.UU, dixo Davila no Pleno. A deputada do BNG asegurou que esta maneira de proceder da Administración norteamericana non lle sorprende a esta formación política posto que procede dun estado que vai de xendarme mundial", pero "non rebaixa a gravedade dos feitos.
Como non convenceron as parcas explicacións ofrecidas por Rajoy no Pleno ao que acudía a informar sobre o pasado Consello Europeo, as deputadas do BNG solicitaron a comparecencia urxente do Ministros de Exteriores.
A portavoz do BNG acusou a Rajoy de quedarse corto nos seus pronunciamentos por moito que lle deban certa vasallaxe a EE.UU. Limítanse a sinalar que se rompeu a confianza e que é inaceitábel cando estamos a falar de que a Axencia Nacional de Seguranza norteamericana (NSA) realizou controis masivos de comunicacións no estado español que atentan contra a legalidade vixente. Señor Presidente, ironizou Davila, para que van vostedes a ser máis contundentes se ao final son necesarios colaboradores de EE.UU?, en clara alusión ás informacións que indican que o Goberno español espiou e logo entregou dados á EE.UU
Para tratar con seriedade e profundidade este tema dada a maraña existente, as deputadas do BNG solicitaron esta mañá a comparecencia urxente do Ministro de Asuntos Exteriores para que acuda á Cámara a informar sobre a grave situación diplomática xerada pola espionaxe masiva de EE.UU e a actitude colaboradora do Goberno español nese sentido.