O BNG rexeita no Congreso a privatización das televisións autonómicas
Os parlamentares do BNG presentaron unha emenda de totalidade ao proxecto de lei de modificación da Lei 7/2012, de 31 de marzo, Xeral de Comunicación Audiovisual para flexibilizar os modos de xestión dos canais públicos de Televisión Autonómica.
Para o BNG este proxecto de lei supón un paso atrás pois se pretende regular de novo na lexislación básica estatal, a posibilidade de privatización das televisións autonómicas cando debe ser unha facultade de responsabilidade das CC.AA.
Os parlamentares nacionalistas afirman que se trata dun paso atrás xa que se pretende regular desde o Estado a posibilidade de privatización das televisións autonómicas cando é unha facultade das CC.AA
Ademáis, os nacionalistas galegos consideran que se trata dunha competencia autonómica e que calquera pretensión por parte do Estado de harmonización implica unha clara intromisión nun terreo que lle está vedado por numerosos Estatutos de Autonomía.
A tendencia privatizadora do Goberno leva á perda de diversidade cultural
O BNG censura ao Goberno porque está claro que pretende impulsar un plan de privatización de entidades xestoras do servizo público de comunicación audiovisual, que choca coas aspiracións de manter na esfera pública unha mínima presenza nese sector. Os parlamentares do BNG consideran que é importante manter a presenza pública no sector audiovisual a fin de garantir á cidadanía do dereito a receber unha comunicación imparcial e diversa.
Así, resaltan a perda de diversidade cultural e lingüística na comunicación audiovisual, que só o sector público pode asegurar. Afirman que a tendencia privatizadora do Goberno pode levar á perda de pluralidade e o avanzo cara a uniformización.