O BNG reclama restituír o profesorado eliminado na era Feijóo
O nacionalista Cosme Pombo lamentou que o Grupo parlamentario popular sega os ditados do ministro Wert, o peor ministro de educación da historia e que votara en contra de restituír o 100% de todo o eliminado no Ensino público galego dende que Feijóo goberna
O deputado do BNG, Cosme Pombo defendeu hoxe, na comisión de Educación, unha Proposición non de lei sobre medidas que debe adoptar a Consellería para garantir a calidade do ensino entre as que destacou unha oferta pública de emprego que restitúa ao 100% por 100% o profesorado eliminado polo Goberno de Feijóo.
O deputado lamentou que, unha vez máis, o Grupo parlamentario do Partido popular sega os ditados do que considerou o peor ministro de educación da historia referíndose ao deposto ministro Wert e que durante a era Feijóo a oferta pública de emprego para o ensino público só fora de 1.000 prazas a pesar de terse producido máis de 4.000 xubilacións.
Sobre educación primaria, dixo, a inestabilidade do profesorado supón o 20% e en secundaria o 24% e cada ano cambian de centro e realizando, a maiores, funcións non relacionadas coa docencia ademais de recórtanlle os dereitos laborais conseguidos dende hai máis de corenta anos. Para o alumnado que precisa estabilidade engadiu, son superadas as ratios, faltan orientadores e tamén especialistas e no rural, a ver como o resolven quizás agrupando uns niveis con outros, medida contraria á calidade do ensino.
Para o BNG, dixo, a oferta de emprego público para o 2015 de 400 prazas non resolve os recortes en profesorado destes anos. Aos poucos días do anuncio da oferta de prazas, explicou o deputado, o goberno nomeou un novo conselleiro de Educación que tampouco intentou mellorar a oferta o que condena ao ensino no noso país a unha situación lamentábel.
Cosme Pombo reclamou unha oferta de emprego público que repoña as 3.000 prazas do profesorado xubilado porque onte mesmo, afirmou, a Plataforma en defensa do ensino público denunciaba máis recortes en profesorado.
Na era Feijóo, foron eliminadas 46 escolas e 327 unidades suprimidas e neste ano no ensino público 13 escolas menos e 48 unidades menos, sen embargo na privada, cinco unidades de primaria máis e 21 de F.P, na pública recortase e na privada aumentase, concluíu.