O BNG propón un acordo na Cámara galega para rebaixar o 50% das peaxes na AP-9

Ana Pontón

A Proposición non de lei defendida pola deputada do BNG tamén incluía sancionar a Audasa polo cobro abusivo de taxas tras os atascos rexistrados durante o verán, modificar as condicións para erguer as barreiras cando se produzan e iniciar o proceso de traspaso da titularidade e xestión da AP- 9 á Xunta

Pleno- A parlamentaria do BNG, Ana Pontón censurou “a sensibilidade do Goberno” coa concesionaria da autoestrada mentres @s usuarios soportan elevados custes á hora de viaxar por esta infraestrutura.

Ana Pontón explicou que todos os veráns se produce unha “situación escandalosa” con continuos atascos nunha vía que atrapa a miles de galegos mentres a empresa segue “facendo caixa”.

A parlamentaria asegurou que a AP-9 é unha das autoestradas máis caras do Estado español e a pesar das declaracións da titular de Fomento e do Goberno galego anunciando medidas contra Audasa, pasado o verán, “todo cae en saco roto”. Pontón lembrou que a ampliación da concesión, da que responsabilizou a Aznar, resulta “gravosa” para os galegos, e ademais temos que escoitar as recomendación de Feijóo que nos anima a denunciar. Si Feijóo fora o presidente dunha asociación de consumidores, ironizou, estaría ben pero resulta que é o Presidente da Xunta e debe defender os intereses de Galiza.

Neste sentido, recalcou que sería conveniente que o PP, en vez de defender a Audasa defenda aos galegos e galegas ademais, temos moitas dúbidas sobre ampliación da concesión á empresa pero o PP negase a revisala, “por algo será”, exclamou.

Dende do BNG queremos que os cidadáns non teñan que soportar as peaxes e como primeira medida propoñemos acadar un acordo para rebaixar, como mínimo o 50% nas peaxes tendo en conta dixo, as abusivas subidas e a grave crise que está a padecer o sector do transporte.A deputada tamén reclamou que os beneficios da concesionaria sexan investidos en melloras da vía.

Cando se produzan atascos, engadiu, a concesionaria debe abrir as barreiras. Resulta escandaloso que a estas alturas, e despois do acontecido no verán, Audasa non teña enriba ningunha sanción.

O portavoz do partido popular, Alejandro Gómez asegurou que non é posible o rescate porque sería “facerlle o negocio aos americanos” e defendeu a transferencia da AP 9 con peaxes xustos. Gómez Alonso anunciou que votaría en contra da iniciativa do BNG ao que a deputada replicou que debería explicar porque o PP no Congreso “vota en contra da transferencia da AP-9” que defende no Parlamento galego. Unha vez máis, dixo Pontón, “o PP traizoa a Galiza e defende os intereses de Madrid”.