O BNG presenta pregunta no Congreso para saber que pasou co Tax Lease na xunta Rajoy-Rubalcaba
Davila pón de manifesto que hai unhas semanas trascendeu que a resolución de arrendamento fiscal que utilizaban os estaleiros e foi suspendido por Bruxelas hai case dous anos, íase resolver en breve. Máis, puntualiza, continúa pendente. Criticou o silenzo do Presidente do Goberno após a xunta con Almunia. Nada explicou nen aportou ningunha información tranquilizadora para un sector que leva case dous anos agardando a que se solucione o expediente aberto ao Estado español polo anterior Tax Lease, un bloqueo que lles está a prexudicar de maneira significativa á hora de formalizar contratos.
A deputada do BNG considera que o mutismo dun e doutro provocou un grande malestar e preocupación no naval. A desconfianza e preocupación medra entre os traballadores e os estaleiros afectados. Engade que este tema comeza a adquirir o formato dun serial de intriga, con informes que nunca saen á luz, con prazos que xamáis se cumpren, e con enganos case mensuais anunciando que está próxima a resolución cando levamos así dous anos.
O PP prolonga a angustia e a inquedanza dos estaleiros de Vigo e doutros moitos
Este xeito de actuar, censura Davila, levou unha grande inquedanza ao sector naval en relación á devolución das axudas consideradas ilegais, o que sería un auténtico mazazo para a industria naval, co conseguinte perigo de quebra e risco para miles de postos de traballo.
Afirma a parlamentar do BNG que estaleiros da Ría de Vigo viven con angustia este problema porque están a negociar contratos de construcción de buques que están pendentes da resolución do anterior Tax Lease. A incertidume sobre si haberá que devolver estas bonificacións ou non está obstaculizando a formalización de moitos contratos.
Por estes motivos, as deputadas do BNG dirixen unha batería de preguntas ao Goberno: Por que razón se trata con tanta desidia e indiferenza un tema de máxima relevancia para os estaleiros de Vigo e do resto do Estado? Vai o Goberno aclarar se se teñen que devolver as bonificacións? Non debería existir unha actitude de maior compromiso e implicación por parte do Goberno español?.