O BNG presenta case 200 emendas aos Orzamentos Estado 2014 para mellorar as partidas para Galiza
O BNG propón ao Goberno reducir nun 25% o orzamento destinado á Casa Real, e nun 40% a dotación para o financiamento da Igrexa Católica, a fin de que participen no sacrificio e esforzo que se lle está a exixir á poboación.
Máis bolsas e axudas ao estudo, e máis para a RAG
En materia educativa, o BNG presenta unha serie de emendas para aumentar as bolsas e axudas ao estudo, para a gratuidade de libros de texto, formación de profesorado e o desenvolvemento do Programa Erasmus. No ámbito municipal, as nacionalistas galegas propoñen un Fondo Especial para os municipioas de menos de 20.000 habitantes dotado con 25 millóns. En cultura o BNG demanda que a Real Academia Galega reciba unha partida de 726.000 euros, e presenta emendas para dotar de partida á Asociación de Escritores en Lingua Galega, e para promocionar a industria cinematográfica galega.
Sectores produtivos galegos: agro, pesca e naval
En materia medioambiental, o BNG plantexa 30 millóns de euros para o saneamento das rías galegas. En canto a sectores básicos da economía galega como o agro, a formación nacionalista pide 25 millóns para un Plan Lácteo, e 15 millóns para o sector pesqueiro. Para un Programa de Desenvolvemento Rural para Galiza demanda 25 millóns. E para a rexeneración das zonas afectadas polo lume: 20 millóns.
Para loitar contra a escandalosa cifra de paro, o BNG propón un Plan de Emprego dotado con 120 millóns e outra serie de melloras relativas ao fomento do emprego, plans de reinserción e de creación de emprego nas PEMES.
En industria, as nacionalistas galegas piden 40 millóns para a reactivación das concas mineiras galegas. 120 millóns para o sector naval e 20 millóns para o fomento da industria auxiliar do naval. 100 millóns para un Plan de enerxía renovábeis.
Non á eliminación da Dependencia e melloras tributarias
No relativa ao capítulo social, as nacionalistas galegas demandan 120 millóns para a Dependencia, 40 millóns para un Programa de Servizos Sociais. E non esquecen a mellora do I+D+I con propostas de apoio á investigación e a mellora do personal investigador. Demándase un Plan de Investimento Público por 636 millóns de euros.
En materia tributaria, o BNG pide 15 millóns para un Plan especial de loita contra a fraude fiscal, e demanda baixar o gravamen por IRPF ás rendas medias e baixas e subirllo ás rendas de capital. E unha proposta específica para os emigrantes retornados que foron sancionados por Facenda por non cotizar polas pensións do estranxeiro: o BNG pide que queden exentas de tributación as pensións percibidas do estranxeiro nos Convenios internacionais onde existe unha doble imposición.
Partidas para mellor as necesidades en infraestruturas galegas
Ademáis, o BNG presenta unas cen emendas centradas nas necesidades específicas das comarcas galegas. Entre otras moitas, pide 140 millóns para un dique flotante en Ferrol, 400.000 euros para un servizo de cercanías, para as conexións ferroviarias cos Portos exteriores de A Coruña e Ferrol 1 millón respectivamente, 1,5 millóns para a Biblioteca Pública do Estado en Vigo ou 10 millóns de euros para o Eixo Atlántico Ferrol-A Coruña.