O BNG pregunta polos retrasos do Goberno nas axudas da PAC
Tereixa Paz puxo o acento nas dificultades das persoas afectadas para acceder as axudas e as consecuencias cara o dereito das do ano 2020, condicionadas polas deste ano.A directora xeral de Produción Agropecuaria non se comprometeu a que as axudas sexan pagadas antes de fin de ano
A deputada do BNG, Tereixa Paz formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Agricultura sobre a necesidade de solicitar a ampliación do prazo para reclamar as axudas da PAC 2015.
A parlamentaria lembrou que a campaña do 2015 para as axudas xa ten unha importante demora polos retrasos provocados pola aplicación informática e publicación da normativa correspondente ao que sumou o retraso na emisión das circulares do FEGA para a orientación e tramitación das devanditas axudas.
O sector agrario, dixo, está fondamente preocupado polas dificultades á hora de realizar correctamente as xestións ante o peche dos prazos establecidos e a incerteza para cobrar as axudas este ano.
Por estas razóns, a parlamentaria preguntouse o Goberno se é consciente dos retrasos para a tramitación das axudas, e se contempla as consecuencias cara o dereito ás do ano 2020 por estar condicionadas as deste ano.
Pola súa parte, a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa respondeu que dende as diferentes unidades da consellería impartíronse charlas para técnicos e agricultores e cursos para tramitadores, Galicia foi a primeira comunidade en publicar as axudas, afirmou e a reforma da PAC é responsable dos retrasos. Dende a Consellería se propuxo ampliar o prazo ata o 15 de xullo e con esa medida non debería haber dificultades para solicitalas.
Patricia Ulloa non se comprometeu a que as axudas sexan pagadas antes de fin de ano
Na quenda de réplica, a deputada do BNG puntualizou que todos os membros da comisión sabemos que o prazo para pagar as axudas do ano 2015 da PAC remata o 30 de xuño do 2016 porque sempre foi así non é ningunha novidade introducida pola PAC pero en Galiza dende o ano 2007 chegáronse a pagar as axudas no mes de novembro do ano no que foron solicitadas e dende entón son abonadas no ano natural da súa solicitude. Pero este ano, os gandeiros, os titulares das explotacións e os perceptores das axudas contaban cobralas en novembro ou decembro.
A nosa pregunta, remarcou, a nacionalista, non era sobre o remate do prazo, máis ben nos referiamos a un retraso dos sistema informático que pode comprometer os pagos das axudas, pregunta á que vostede non respondeu a pesar de saber que moitas explotacións dependen desas axudas para pagar débedas que vencen neses meses. Os produtores non poden ir ao Banco a explicar que as axudas poden ser aprazadas, concluíu