O BNG pregunta polo elevado nivel de interinidade na Xustiza e pide a convocatoria de oposicións
A deputada, Tereixa Paz considerou que o Goberno debería cuantificar as prazas ocupadas interinamente nos diferentes corpos así como dos reforzos que pola súa duración deben ser incluídos na próxima OPE do mes de abril
A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz preguntou hoxe ao Goberno se participou nas negociacións que deron lugar ao acordo entre o Ministerio de Xustiza e organizacións sindicais que afecta a diferentes ámbitos e que aborda unha crecente precarización na administración de Xustiza cun alto nivel de interinidade do persoal así como os reforzos en xulgados e tribunais que cobren necesidades de servizo e xa se converteron en permanentes.
A deputada do BNG salientou que no acordo o Ministerio asume que nun prazo de nove meses serán definidos algúns postos de traballo como de carácter estrutural para seren incorporados á OPE polo que preguntou se o Goberno avaliará esta situación para converter esas necesidades en emprego fixo.
Por outra parte, Tereixa Paz preguntou se no mes de abril serán convocadas prazas para o territorio galego.
Pola súa parte, director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez explico que sobre o acordo co Ministerio o goberno galego non mantivo ningunha interlocución e no relativo á conversión de reforzos en prazas fixas que leven máis de 3 anos, son un total de 25 pero non son estruturais, sen embargo seguimos creando reforzos naqueles xulgados que o precisen que se converterán no futuro en estruturais.
A parlamentaria replicou que que en todo caso se fagan todos os esforzos para que se convoquen oposicións de Xustiza en Galiza para rematar coa temporalidade pero tamén para darlle unha boa noticia aos e ás miles de opositoras que levan moitos anos agardando.