O BNG pregunta ao Goberno pola súa posición ante o proceso xudicial contra Baltar
A deputada, Tereixa Paz afirmou que o Partido popular está instalado no si das prácticas corruptas a fronte das institucións públicas pero dende o BNG seguiremos dicindo non a esas prácticas
Pleno.- A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz formulou unha pregunta ao vicepresidente, Alfonso Rueda sobre a posición do Partido popular ante o caso xudicial contra o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.
Tras a intervención da deputada, o vicepresidente acusou a nacionalista de emitir un xuízo antes de que exista unha condena ao que a parlamentaria respondeu que non é xuíza porque non cumpre os requisitos pero ao mellor se fose o Sr. Baltar quen a examinara podería selo porque todo indica que os requisitos se los pasa por aquel sitio.
A deputada afirmou que o Partido popular está instalado no si das prácticas corruptas a fronte das institucións públicas pero no BNG, afirmou, seguiremos dicindo non a esas prácticas.
A parlamentaria insistiu en que o BNG non dirime responsabilidades penais e hoxe mesmo reiterei na miña intervención que estamos a falar de responsabilidades políticas e a propósito, mencionei unhas afirmacións do propio presidente da Xunta nas que defendía estamos neste hemiciclo para garantir que poñemos en marcha todos os instrumentos para que todos os indesexábeis non estean en política e para poñerllo difícil a todas as persoas que tentan aproveitarse das institucións no seu beneficio.
A nacionalista volveu a preguntar se como Goberno non abominan do comportamento do Sr. Baltar en relación coa aceptación de favores sexuais a cambio de ofrecer un posto de traballo como el mesmo recoñece nas gravacións e se por este proceder, pedirán a súa dimisión como responsábel político na Deputación provincial de Ourense.
Na réplica, Rueda non respondeu a cuestión formulada pola deputada e volveu a acusala de ditar unha sentencia.