O BNG pide retirar as sancións d@s preferentistas multados por participar nas mobilizacións

O PP manterá as sancións tras anunciar o voto  voto en contra da  Proposición non de lei defendida polo deputado do BNG, Francisco Jorquera

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera pediu hoxe na Comisión de Economía retirar as sancións impostas por participar nas manifestacións das persoas afectadas polas preferentes.

Esta iniciativa, dixo Jorquera reclama o “cese da campaña de persecución das persoas estafadas polas preferentes” e a “inmediata retirada” das sancións aos integrantes deste colectivo por participar nas protestas.

 Recentemente un medio de comunicación publicou unha reportaxe titulada, “Dique de Multas á Marea Solidaria” dando conta como o Goberno español multiplicara as sancións aos participantes de protestas sociais, e Galiza ocupaba a terceira praza con máis procedementos en marcha.

Manifestación pacificas reclamando unha solución á estafa

Nos últimos meses, membros do colectivo de afectados polas preferentes foron sancionados por participar en protestas para exisir unha solución. Na provincia de Pontevedra, as sancións suman 16.000 euros, “sancións arbitrarias e inxustas” que dende o BNG , manifestou Jorquera, consideramos deben ser eliminadas.

 Na súa intervención Jorquera espuxo algúns casos de persoas sancionadas entre os que destacou o dunha muller multada por facer ruído cun ferro nun sacho sen mango e outra que precisaba un andador acusadas de “representar un grave perigo potencial”.

 Por outra parte, lembrou que tamén existen sancións a persoas que non se atopaban presenten nas mobilizaicións das que son acusados, “estas sancións, dixo, só buscan amedentrar a un colectivo que sempre se manifestou de maneira pacifica” e resultan un anticipo da Lei de Seguridade cidadán como pretexto para “recortar a liberdade”.

 Finalmente, o Partido popular votou desfavorablemente a iniciativa do BNG.