O BNG pide rescincir o contrato ante o incumprimento nas obras da Autovía da Costa da Morte
A parlamentaria do BNG, Ana Pontón defendeu unha Proposición non de lei para resolver o contrato, impor á adxudicataria as penalidades reflectidas no prego de condicións e rexeitar unha formula de adxudicación que cuadruplica o custe da infraestrutura
A proposta nacionalista defendida, na Comisión de Ordenación do Territorio pola deputada do BNG, Ana Pontón, foi rexeitada polo Partido popular que unha vez máis demostrou, a xuízo da deputada, estar máis cerca dos intereses das empresas beneficiarias do contrato das obras que dos veciños e veciñas da Costa da Morte.
Na defensa da iniciativa, a parlamentaria reclamou a rescisión do contrato coa UTE, concesionaria da Autovía da Costa da Morte e a súa execución con fondos públicos.
Tras a intervención do portavoz do Partido Popular que en todo momento negou os incumprimentos mencionados pola deputada, Pontón retou aos deputados do PP a non seguir mentindo e enganando aos veciños e veciñas da Costa da Morte.
Para Pontón, a defensa do PP a adxudicataria das obras representa unha mostra de desprezo á intelixencia e ao afán dos populares por negar unha realidade evidente, as obras levan paralizadas dous anos e a empresa incumpriu todos os prazos establecidos, sentenciou a nacionalista.
A Xunta recoñeceu os incumprimentos nas obras e ameazou con rescindir o contrato.
A parlamentaria manifestou que o BNG defende esta infraestrutura necesaria para unha comarca historicamente esquecida e discriminada e lembrou que a Autovía da Costa da Morte é unha peza máis para reforzar a creación de emprego e a actividade económica dunha zona duramente castigada polo paro e a emigración.
Finalmente, a deputada lamentou o desprezo do PP pola Costa da Morte e acusouno de actuar como testaferros das empresas. Si nos atemos ao contrato, afirmou, a Xunta podería ter penalizado a empresa con sancións entre 300.000 e 900.000 euros mais non se fixo, dixo, quizais porque COPASA aparece citada nas empresas que financiaban a trama Gürtell, concluíu.