O BNG pide un plan urxente de medidas para reactivar o crédito en Galiza

Francisco Jorquera asegurou que a privatización das Caixas de aforro provocaron consecuencias desastrosas en Galiza, comunidade na que más retrocedeu a concesión de crédito.

Na comisión de Economía celebrada no Parlamento galego, o portavoz do grupo do BNG, Francisco Jorquera defendeu unha proposición non de lei destinada a reactivar o crédito en Galiza.

 Jorquera lembrou que a venta e privatización das antigas caixas de aforro provocaron “desastrosas consecuencias para Galiza” e reprobou que Partido popular sega sen explicar o seu intereses por manter “hibernada, sine die” a Comisión de investigación das Caixas.

 Esta iniciativa que hoxe debatemos, dixo, o deputado non é nova e o BNG xa tentou outra semellante no mes de febreiro e tentarao todas as veces que sexan necesarias co fin de reabrir a comisión de investigación. Non poder acceder ao crédito resulta un problema de primeira orde que repercute moi negativamente na economía produtiva e dificulta a recuperación económica real.

 O parlamentario explicou que segundo datos do propio Banco de España, o volume de depósitos dos bancos en Galiza sitúanse en Marzo de 2014 en 56.601 millóns de euros e en marzo do 2015, 56.754 millóns de euros mentres o volume de crédito concedido ascende a 47.591 millóns de euros en marzo do 2014 e a 44.204 en marzo de 2015 o que confirma que o volume de crédito concedido volveu a “retroceder” mentres no Estado o volume de crédito “é superior ao volume de depósitos”.

Jorquera asegurou que o peso do crédito en Galiza apenas chega ao 53% do que nos correspondería por poboación polo que preguntou se o Goberno galego considera un éxito de xestión da Xunta que dende 2009, Galiza sexa a comunidade onde máis retrocedeu o crédito.

O deputado reiterou a petición dun plan de medidas urxentes para reactivar o crédito en Galiza.

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular,  Miguel Tellado anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista e afirmou que todas as entidades bancarias ofrecen créditos e facilitan a súa financiación porque están crecendo  "con forza”, afirmou.