O BNG pide que Pharmamar manteña a súa sede social en Vigo
A deputada do BNG,Carme Adán demanda do Goberno galego que emprenda todas as accións necesarias para que a filial de Zeltia non traslade a súa sede social a Madrid
A parlamentaria do BNG, Carme Adán rexistra unha iniciativa parlamentaria na que solicita que o Goberno galego inicie as xestións necesarias ante Pharmamar para que manteña a súa sede social en Vigo e non sexa traslada a Madrid.
Na proposta, a deputada explica que a xunta xeral de accionistas de Zeltia deu o seu consentimento para a absorción da compañía por parte da súa filial Pharmamar co obxectivo de cotizar na bolsa en Estados Unidos, a partir do ano 2016, e trasladar a sede social da compañía galega a Madrid.
Para a deputada, a decisión do traslado representa unha perda no peso económico de Galiza. Xa perdemos o sistema financeiro galego e empresas con capacidade de Innovación nos últimos anos e o Goberno galego debe reaccionar ante a preocupante situación da nosa economía, afirma a nacionalista.