O BNG pide que o Goberno galego "reprobe" ao alcalde de Barreiros polas súas declaracións machistas
As deputadas do BNG, Carme Adán e Tereixa exisen que o Goberno se posicione ante o que consideran un novo ataque do Partido popular ás mulleres
As parlamentarias nacionalistas, Carme Adán e Tareixa Paz rexistraron varias iniciativas parlamentarias demandando do Goberno galego un posicionamento claro de rexeitamento as palabras machistas do alcalde de Barreiros.
A xuizo das nacionalistas, estamos nun momento de ataque claro e explicito aos dereitos das mulleres e estas sentenzas, por parte dun rexidor municipal, veñen a confirmar a involución social que á que nos quere levar o Partido popular.
As dificultades das mulleres para acceder ao emprego e a necesidade de que sigan a responsabilizarse das tarefas de coidado de nenos e maiores nun momento de recortes dos servizos públicos, están presentes a todas horas, afirman Adán e Paz polo que rexeitan "de maneira enérxica" as declaracións do representante municipal contra este importante colectivo.
Para as parlamentarias do BNG, desprestixiar as mulleres feministas que loitaron e loitan polos dereitos colectivos das mulleres é unha práctica común nos discursos rancios e machistas. Neste contexto, indican, expresións tan desafortunadas como a do Alcalde de Barreiros deben ser contestadas con rapidez e contundencia polo que exisen que o Goberno galego reprobé as afirmacións machistas do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente sen dilación.
Para as deputadas nacionalistas dificilemente acadaremos "unha sociedade igualitaria" mentres se segan producindo declaracións "intolerantes" contra colectivos sociais que loitan diariamente polos dereitos das persoas.