O BNG pide que compareza no Parlamento o director xeral da CRTVG
Montse Prado considera que Alfonso Sánchez Izquierdo, actual director da CRTVG, debe explicar a súa vinculación coa empresa Telemiño, investigada pola xuíza Pilar de Lara por posible financiamento do Partido popular durante o período 2007-2009
O BNG pide que compareza o director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, na Comisión de Control da CRTVG, para explicar o seu papel na dirección desta empresa que a xuíza Pilar de Lara investiga por posíbel financiamiento ilegal do Partido Popular de Ourense.
A parlamentaria, Montse Prado xustifica esta petición ante a aparición da noticia publicada, en diversos medios de comunicación, relativa á investigación da xuíza Pilar de Lara, dentro da denominada Operación Pokemon, sobre varias empresas ante os indicios de que o Partido Popular de Ourense podería terse financiado ilicitamente a través dun elaborado sistema de facturación falsa e ficticia, colocando no centro da investigación ás empresas Gallega de Publicidad y Diseño S.A. e a TV Telemiño S.A, do Grupo La Región.
Dentro do período investigado, concretamente os anos 2007 e 2009, era conselleiro de Telemiño o actual Director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo.
Polo exposto o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego solicita a comparecencia urxente do Director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, na Comisión de Control da CRTVG no Parlamento de Galiza, para explicar o seu papel na dirección desta empresa que a Xuíza investiga por posíbel financiamento ilegal do Partido Popular de Ourense.