BNG pide a Ana Pastor que teña en conta as propostas dos transportistas sobre as autoestradas

As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, presentaron unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandar a Fomento que dialogue co sector do transporte e escoite as súas consideracións e apreciacións sobre a súa proposta de rebaixa dun 50% das peaxes aos transportistas.

As deputadas do BNG trasladan á Ministra de Fomento as consideracións do sector do transporte galego pola propostas ministerial de aplicar neste ano 2015 rebaixas do 50% nas tarifas de peaxes a camións e vehículos pesados nas autoestradas AP-9 e AP-53.

Dado que Fomento só anunciou esta medida aos medios de comunicación sin reunirse previamente co sector do transporte, principal implicado, os transportistas realizan unha avalación en base ao publicado polos medios de comunicación, que avanzan o propósito do Ministerio de eliminar tráfico pesado das estradas convencionais como diversos tramos da N-550, ou tramos da N-651.

Un dos temores dos transportistas é que a idea de Fomento supoña restricións severas á circulación de camións en varias estradas convencionais e a súa prohibición total, co que non están dacordo. Consideran positiva a medida sempre e cando non implique a obriga de que os camións circulen só polas autoestradas de peaxe.

A medida debe ser abordada cos transportistas que saben de estradas

O Ministerio debería ter presente as explicacións do sector do transporte, afirman as parlamentares do BNG, que teñen “experiencia acumulada e profesionalidade nas estradas. Por iso, non ven con bos ollos unha prohibición total de circular polas estradas convencionais porque durante as noites apenas hai tráfico “e resulta absurda unha restrición total”.

Ademáis, poñen de relieve que “unha medida tan restrictiva só podería xustificarse se se implanta unha bonificación nas peaxes do 100% nas horas punta do día. Especialmente, en tramos compricados e de alta sinistralidade da AP-9 como é o traxecto Vigo-Redondela, Puxeiros-O Porriño e Macenda-Guísamo, nas áreas metropolitanas das cidades de Vigo e A Coruña”.

As deputadas do BNG dirixen unha batería de preguntas á Ministra Ana Pastor para coñecer en detalle a formulación de Fomento, sobre todo, se implica a prohibición total de circular por vías convencionais, e para saber que disposición ten a que se bonifique nas peaxes no 100% en situacións como horas punta e áreas metropolitanas.

Finalmente, Davila e Rosana Pérez demandan ao Ministerio diálogo e consenso co sector do transporte, que xa amosou o seu malestar porque o Ministerio non tivera explicado previamente este tema aos transportistas.