O BNG opónse á creación dunha Autoridade "Independente de Responsabilidade Fiscal"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, defendeu no Pleno a emenda á totalidade do BNG ao proxecto de lei de Creación dunha Autoridade Independente de Responsabilidade fiscal porque

Criticou Davila a obstinación do Goberno en continuar con políticas de estabilidade orzamentaria, e explicou o rexeitamento do BNG ao proxecto de lei porque “pretende anular a escasa autonomía na xestión dos recursos públicos, ao supeditar a elaboración orzamentaria e a execución das políticas de gasto de todo o sector público a informes emitidos por un organismo que por moito que intenten vender como independente, é un auténtico apéndice do Estado, do Goberno central”.

A deputada nacionalista puxo de manifesto que estamos ante “un instrumento directo ao servizo do executivo central para intervir na política económica das CC.AA, e incluso para reducir a autonomía de institución como as corporacións locais, cuxa política de gasto público será sometida ao escrutinio externo dun órgao adscrito ao Goberno, con faculdades para condicionar a aprobación da súa política orzamentaria”.

“Non é un órgao independente”

Ironizou co adxectivo “independente” do proxecto que se “desminte no propio desenvolvemento do seu réxime xurídico”. “En aspeitos superficiais da regulación da Autoridade de Responsabilidade Fiscal constátase a súa dependencia e vinculación gubernamental. Adscríbese directamente ao Ministerio de Facenda”.

Especialmente, resaltou a deputada do BNG, “a designación dos seus responsábeis directos é gubernamental, porque o seu Presidente o designa o Goberno co refrendo das Cámaras, e os restantes membros os nomea o Consello de Ministros”.

Ademáis, subliñou, “outórganse amplos poderes sobre o control das contas públicas en todas as administracións públicas a un órgao onde as máximas responsabilidades se exercen por persoas designadas polo Goberno central”. De igual xeito, censurou a imposición dunha carga tributaria inxusta a todas as administracións públicas e entidades do sector público, porque “non só se teñen que someter a un novo órgao, senón que teñen que contribuir obrigatoriamente ao seu sostemento”.

Davila afirmou que este órgao novo resposta “ao deseño recentralizador do PP en todos os ámbitos institucionais”. E engadiu que se crea un novo instrumento “para manter o camiño errado de contención orzamentaria.