BNG non participa no Congreso "da farsa do PP para cargarse a xustiza universal"
O Presidente da Cámara convocou onte mesmo unha segunda sesión do Pleno do Congreso esta mañá, pola vía urxente, para iniciar unha tramitación por leitura única da proposición de lei do PP que quer rematar por completo coa xustiza universal.
O BNG asinou onte, conxuntamente todo todos
Todos os grupos da oposición agás UPN e Foro Asturias, un escrito dirixido á Mesa do Congreso para que se elabore un informe xurídico sobre o trámite exprés do PP para tramitar unha proposición de lei en leitura única e polo procedemento de urxencia.
Para a portavoz do BNG fica claro que este procedemento non se axusta ao regulamento. Davila cualificou de auténtico golpe á democracia a actuación do PP, e sinalou que o é un exemplo de soberbia e prepotencia do grupo maioritario que utiliza o rodillo para eliminar unha lei que defende a xustiza universal,o que afectará á persecución de delitos de lesa humanidade.
A parlamentar nacionalista censurou as presas e a urxencia do PP á hora de tramitar unha proposición de lei que non conta cos preceptivos informes xurídicos, e cuxa tramitación exprés atenta contra o regulamento da Cámara.