O BNG insta á Xunta a mediar para evitar o paro de ambulancias en xaneiro

A deputada Montse Prado rexistra  unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta medie no conflito laboral do servizo sanitario de ambulancias que afecta a 1.500 traballador@s e a un importante número de pacientes.

 O BNG, á iniciativa da deputada e portavoz de Emprego, Montse Prado insta a Xunta de Galiza a mediar no conflito laboral do servizo sanitario de ambulancias co fin de evitar o paro previsto para o mes de xaneiro.

A través dunha Proposición non de lei rexistrada no Parlamento galego, a deputada nacionalista require do Goberno da Xunta emprender as accións precisas co fin de evitar os prexuízos  a un gran numero de pacientes afectados pola reanudación da folga deste servizo no mes de xaneiro.

Prado reitera que de ir adiante a nova convocatoria de folga no primeiro mes do ano 2013, milleiros de pacientes afectados non poderán acceder a un servizo básico para a súa atención sanitaria polo que urxe ao Goberno galego a mediar para evitar o paro deste servizo.

Por outra parte, a nacionalista  denuncia que coa nova reforma laboral, si o novo convenio non se asina antes do mes de xullo de 2013 será aplicado o convenio estatal que suporía a perda do 25% do salario dos traballadores/as do sector de ambulancias así como o empeoramento das súas condicións laborais.