O BNG expresa o seu apoio ao alcalde de Vimianzo e denuncia a inviabilidade da moción de censura
O BNG expresa o seu apoio ao alcalde de Vimianzo e denuncia a inviabilidade da moción de censura pola vixencia da lexislación antitransfuguismo
A dirección do Bloque Nacionalista Galego quere transmitir o seu máis forte apoio ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, nuns momentos en que volve a reabrirse o debate sobre unha posíbel moción de censura para a que non existe ningún motivo real. Por outra parte, queremos denunciar que esta moción é inviábel por estar apoiada en tránsfugas que só teñen como obxectivo instalarse na poltrona e practicar o clientelismo.
Fronte ao asalto ilegal dunhas posicións políticas fundamentadas na corrupción, o labor municipal do BNG en Vimianzo demostra que estamos ante un goberno ao servizo dos veciños e das veciñas de Vimianzo, que responde unicamente aos seus intereses, que traballa para mellorar as condicións de vida da conxunto da poboación e que se sabe apoiado socialmente para continuar as moitas tarefas que aínda fican por facer.