O BNG esixe que se cumpra o regulamento da Cámara
O portavoz do G.p do BNG, Francisco Jorquera demandou da Mesa do Parlamento a votación dunha Proposición de lei ao remate do debate amparándose no artigo 162 do Regulamento
Pleno.- Tras o debate dunha Proposición non de lei sobre o saneamento e depuración integral das rías defendida pola deputada Ana Pontón, o portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera apelou ao artigo 162 do Regulamento para que a votación da proposta se formulara ao remate do debate e non agardar a ser debatidas todas as Proposicións non de lei da orde do día.
Pola súa parte, a presidenta da Mesa do Parlamento, Pilar Rojo recoñeceu a validez do contido do artigo esgrimido por Jorquera pero negou a votación requirindo do portavoz do grupo parlamentario do BNG que formule a proposta na Xunta de Portavoces.
Previamente á reclamación do BNG, a deputada Ana Pontón defendeu a Proposición non de lei para instar á Xunta a realizar as actuacións necesarias para sanear e depurar as rías galegas e cumprir a normativa vixente e o bo estado da calidade das augas antes de que remate a actual lexislatura así como remitir, no prazo máximo dun mes, un informe ao Parlamento no que se analice a situación das rías, os niveis de contaminación e as actuacións realizadas para garantir un no estado das súas augas.
As rías galegas están convertidas en vertedoiros e tocadas de morte. Na ultimas décadas aumentaron os núcleos de poboación, unha grande presión urbanística descontrolada, un crecemento industrial pouco planificado e unha falta de sensibilidade del todo vale conlevou ao desequilibrio ambiental e que hoxe é moi grave.Temos 19 rías con vertidos contaminantes contabilizados fundamentalmente municipais porque verten sen depurar ao que hai que engadir os vertidos nas grandes rías como Vigo ou Arousa. A situación é insostible e por iso hai que entoar un basta xa. Mariscar é unha aventura e un risco para a saúde humana.
Esta, intervención, dixo, a nacionalista era do Grupo parlamentario popular no ano 2009 e hoxe é a principal descalificación do que leva feito o Sr. Núñez Feijóo ao longo destes seis anos.
O PP replicou que xa está todo estudado e sabe o que hai que facer.