O BNG demanda o dereito a unha vivenda digna e impedir os cortes de luz a familas vulnerábeis
O parlamentario do BNG, Cosme Pombo volveu a defender hoxe, a través dunha proposición non de lei evitar os desafiuzamentos e reclamar ao goberno central o dereito a unha vivenda digna
Pleno.- O deputado do BNG, Cosme Pombo reclamou, a través dunha proposición non de lei o dereito de todos os galegos e galegas a unha vivenda digna así como os subministres básicos a familias en risco de exclusión.
Tras a intervención do portavoz do PP, Jaime Castiñeira que defendeu as medidas iniciadas polo Goberno galego, o nacionalista replicou que non son suficientes. Existen, explicou, 10.000 familias galegas afectadas polo drama da hipoteca que non poderán pagar durante toda a súa vida e hai vinte ou trinta mil familias máis que tamén estarán nesta circunstancia en réxime de aluguer que serán abocados a verse na rúa.
Medra o drama social, o paro e a desigualdade social por moito que o PP sega coa propaganda para negar esta evidencia. A pasada semana, explicou, tivo lugar unha xuntanza da Confederación Internacional de Organizacións que operan en labores humanitarias constatando o medre da desigualdade social, os ricos cada vez son máis ricos e os pobres cada vez máis pobres, 62 persoas acumulan máis riqueza que 3.600 millóns de habitantes da poboación mundial e en Galiza temos o exemplo do primeiro máis rico.
O deputado criticou que o goberno sega lexislando para os ricos e a banca con 9.000 millóns de uros para o seu saneamento, polo que reclamou o voto favorable á proposta do BNG que reclama medidas urxentes contra os desafiuzamentos, impulsar parques públicos de vivendas e garantir os subministros básicos ás familias en risco de exclusión. Non queremos esmola recalcou Cosme Pombo, reclamamos o dereito a unha vivenda digna e o BNG seguirá loitando por este dereito e polos recursos suficientes para quen máis os necesita.