O BNG demanda a Cañete xestións ante a UE para que non se supriman os aranceis ás lata
Davila alude ao Acordo que está a negociar a UE con Tailandia que en caso de incluir a eiliminación de aranceis que gravan a importación das conservas de atún, como sucedera co Acordo con Papúa Nueva Guinea, suporía un duro revés para o sector conserveiro galego. Está fixada unha xunta para o 27 de maio para abordar a cuestión dos aranceis.
Da conserva dependen na Galiza miles de postos de traballo
A deputada do BNG pón de manifesto que a industria conserveira na Galiza da traballo directo a 11.200 persoas e ten un grande peso na economía galega.
Alertan as deputadas do BNG que Tailandia é un dos primeiros competidores da industria conserveira de Galiza, xa que é o maior productor e exportador mundial de atún en lata. Davila subliña que do mesmo xeito que sucede con outros Acordos comerciais da UE, o intercambio comercial con Tailandia, ten avantaxes en moitos ámbitos pero non para a conserva de Galiza.
Para as parlametares nacionalistas, de sair adiante a exención de aranceis ás conservas de Tailandia estaríamos ante un caso de competencia desleal posto que o país asiático produce a baixo custe, con baixísimos custes laborais, e vende barato. Polo tanto, non precisa dun trato de favor en temas de aranceis. Ademáis, é preciso lembrar que Tailandia non está obrigada a cumprir cos acordos internacionais en materia medioambiental e laboral, algo ao que si están obrigados os conserveiros galegos e europeos.
Salientan asemade que non sempre cumpre as normativas en materia sanitaria, non hai máis que lembrar que o ano pasado a UE rexeitou 19 partidas de atún procedente de Tailandia.
Dada a preocupación existente no sector, é polo que as deputadas do BNG dirixen unha batería de preguntas a Cañete: Que xestións está a realizar o Goberno para defender ao sector da conserva galega? Vai o Goberno a defender con firmeza á conserva galega da que dependen miles de postos de traballo?