O BNG, en defensa do monte galego
O Bloque Nacionalista Galego sumouse á manifestación en defensa do monte galego celebrada en Santiago para amosar así o rexeitamento a un proxecto de lei que non artella unha política forestal acaída ás necesidades do País e que na práctica vai supor unha limitación da protección dos cidadáns fronte aos incendios.
A parlamentar explicou que existen tres motivos fundamentais para desbotar este proxecto de lei, o primeiro deles porque desmantela a lei de prevención e loita contra os incendios forestais que impulsara o BNG na pasada lexislatura.
Unha lei que desmantela a política de prevención e loita contra incendios impulsada polo BNG e privatizas os nosos montes veciñais
Para Pontón, é moi grave que logo de ter visto como afectan os lumes ás vivendas, a nova lei reduza a distancia necesaria entre as casas e as masas forestais, o que claramente vai provocar desprotección.
Capital privado
Outro dos elementos que para o BNG é moi negativo da futura lexislación é que elimina a iniciativa pública, deixando en mans do capital privado a política forestal. Asemade, abandona a consideración do monte dende unha perspectiva multifuncional, cando tamén podería ser unha fonte de emprego e riqueza.
O BNG ten claro concluiu a voceira parlamentar- que o monte galego é unha fonte de riqueza moi importante para o País, que ten potencialidae e capacidade para xerar emprego, pero para iso precisa duotra política forestal.