O BNG defende a reforma do regulamento da Cámara pero con participación dos grupos
Ana Pontón lamenta que o PP se acorde desta modificación ao final da lexislatura e lembra que a fórmula acaída é a través dunha ponencia parlamentar que aborde cambios amplos e recolla a igualdade entre homes e mulleres no caso concreto da baixa por nacemento dun fillo.
A portavoz do GP do BNG, Ana Pontón, criticou a proposta de reforma do regulamento da Cámara feita hoxe polo Partido Popular, pois considera que a
Ana Pontón, en declaracións aos medios, amosou a súa sorpresa porque o PP se acorde desta reforma xusto ao final da lexislatura e sen dialogar nin co BNG nin co PSOE, cando existía un acordo no inicio do actual mandato de que, efectivamente, a reforma do regulamente era necesaria pero dun xeito amplo.
A voceira nacionalista lembrou que o regulamento vixente foi aprobado en solitario polo PP e introduciu limitacións e restricións importantes do ponto de vista democrático no funcionamento da Cámara.
Igualdade homes e mulleres
A parlamentar reiterou que o BNG é favorábel a que se poidan facer cambios no regulamento, e así o manifestou xa na anterior lexislatura tamén, pero as formas do PP non son aceptábeis en democracia.
Neste sentido, explicou que cómpre introducir mudanzas que recollan o dereito á conciliación, pero isto pasa por recoñecer a igualdade entre homes e mulleres.
Recoñecer a baixa só ás mulleres envía unha mensaxe moi negativa á sociedade, de que só as mulleres son responsábeis dos fillos
Non pode ser que sexan as mulleres as únicas beneficiarias do dereito a unha baixa de maternidade engadiu- pois estariamos enviando á sociedade unha mensaxe moi negativa, a de que só as mulleres son responsábeis dos fillos.
Voto telemático
Para Ana Pontón, a fórmula elixida para o voto nestes supostos debe ser, ademais, a telemática, pois o voto delegado, como propón o PP, pon en cuestión o funcionamento do propio Parlamento e non se prevé en ningún ámbito.
A fórmula elixida debe ser o voto telemático non o voto delegado como propón o PP
A portavoz parlamentar salientou que hoxe en día hai moitas fórmulas que permiten que os deputados e deputadas poidan exercer o seu dereito a voto sen ter que estar na Cámara de forma presencial e sen ter que delegar.
Sobre a posibilidade de que se amplíen os supostos de voto non presencial a casos de enfermidades graves, afirmou que haberá que estudalo con cautela e recordou que xa hai fórmulas para permitir non alterar as maiorías por causa de enfermidade.