O BNG defende unha proposta no Parlamento galego contra o maltrato animal
As deputadas do BNG, Ana Pontón e Carme Adán respaldaron a presentación de 42.000 sinaturas rexistradas hoxe no Parlamento galego pola Asociación Libera e a Fundación Franz Weber contra a colocación de pexas nas patas dos cabalos.
O vindeiro xoves, 11 de abril na Comisión de Agricultura que se celebrará no Parlamento galego, a deputada do BNG , Ana Pontón defenderá unha Proposición non de lei contra a colocación de artefactos inmovilizadores nas patas dos cabalos.
As nacionalistas, Ana Pontón e Carme Adán respaldaron hoxe a presentación de 42.000 sinaturas recollidas pola Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber contra esta práctica.
O portavoz de Libera, Rubén Pérez pediu o voto favorable dos grupos parlamentares á iniciativa nacionalista contra unha práctica animal dixo, das máis estendidas do Norte de España.
Pérez anunciou que hoxe tamén foi rexistrado un escrito á anteción do director xeral de Emerxencias ofrecendo datos sobre a utilización de pexas, cadeas, paos e trancas nas patas de máis de 60 cabalos e instando ao director xeral a tomar as medidas oportunas.
Rubén Pérez asegurou que as 42.000 sinaturas recollidas constatan a reocupación polo maltrato animal e volveu pedir sensibilidade aos grupos representados na Cámara galega para que a iniciativa nacionalista prospere.