O BNG cualifica de estafa social o acordo económico da Xunta coas concesionarias de autovías
A deputada do BNG, Ana Pontón denuncia que a Xunta ten cartos para auxiliar ás adxudicatarias e mostrase austera para rescatar a despregad@s, desafiuzad@s ou persoas no límite da pobreza
A deputada do BNG, Ana Pontón critica o acordo económico da Xunta para auxiliar ás adxudicatarias das autovías ante unha posible quebra e cualifica o pacto de nova estafa social á cidadanía galega.
A parlamentaria que presenta unha pregunta na vindeira Comisión de Ordenación do Territorio relativa ás negociacións dun incremento do canon que a administración paga a estas empresas, manifesta o seu desacordo co pacto da Xunta coas concesionarias de autovías para o seu rescate.
A deputada considera que , unha vez máis, o Partido popular amosa a súa verdadeira faciana compensando aos seus amigos empresarios mentres recorta sistematicamente dereitos e axudas a persoas e empresas afectadas gravemente pola crise económica.
Pontón asegura que a quebra das autovías galegas constata o fracaso do modelo e representa un negocio para empresas próximas ao Partido popular.