O BNG apoia a mobilización da plataforma galega Marchas da Dignidade no acto de protesta de rodear
A formación nacionalista comparte a demanda de que o Parlamento ten que ser a institución que recolla a voz da cidadanía que está a ser acosada polas políticas de recorte do PP en todas as instancias nas que goberna, políticas que provocan emigración, paro, exclusión social e mesmo fame.
O Bloque está e estará sempre do lado da cidadanía galega que se mobiliza contra unhas políticas inxustas, que causan sufrimento e pobreza na maioría social, políticas que se deciden de costas ás institucións democráticas, coa complicidade dos partidos do sistema que actúan como verdadeiro brazo executor ás ordes da Troika, da banca e das multinacionais, mentres asistimos a unha auténtica poda de dereitos básicos e se arrasa cos servizos públicos.
Para o BNG a mobilización social é clave para facerlle fronte aos poderes do gran capital, que usan aos partidos políticos do sistema como monicreques ao seu servizo, nunha situación de emerxencia, porque está en xogo o noso futuro, como persoas e como pobo.