O BNG acada o compromiso do Goberno contra o peche de Freiremar
Carme Adán esixe como primeiro paso paralizar o tránsito de camións de transporte dos produtos da planta e manter todos os postos de traballo. Pola súa parte, o portavoz popular, José Manuel Balseiro anunciou o voto favorábel do PP á iniciativa nacionalista
A deputada do BNG, Carme Adán asegurou na súa intervención que o peche de Freiremar na cidade de Vigo suporá un importante impacto sociolaboral polo que reclamou ao Goberno galego emprender medidas urxentes para garantir o mantemento dos postos de traballo e o futuro da planta.
Os traballadores e traballadores afectados polo ERE colectivo manifestáronse ante as portas do Parlamento galego coincidindo co debate da proposición non de lei do BNG e trasladaron a súa indignación aos parlamentarios nacionalistas pola falta de resposta do Goberno ante o inminente peche da planta en Vigo.
Francisco Jorquera, Carme Adán e Daniel Rodas mantiveron minutos antes do debate un encontro co colectivo de traballador@s que dende a rúa berraban Freiremar non se pecha.
O PP apoia a iniciativa nacionalista que garante a viabilidade e postos de traballo en Freiremar
Pola súa parte, o portavoz popular José Manuel Balseiro defendeu unha emenda á proposta do BNG para colaborar e apoiar os proxectos viábeis como o que respresenta Freiremar.
O voceiro do PP afirmou que o Goberno confía na implicación doutras institucións porque aínda é posíbel reconducir a situación grazas as modernas instalacións e carteira de clientes. Nós, dixo, apoiaremos a iniciativa para que se manteña a planta e os postos de traballo.
Tras o anunicio do portavoz do PP, Adán esisixiu paralizar o baleirado dos produtos da planta e o seu tansporte en camións.
Adán celebrou o apoio do PP e resto de grupos parlamentarios á iniciativa e rexeitou a emenda do PP por considerar que non aportaba nada novo ao texto nacionalista.