En Bloque, Podemos. Convención Nacional

En Bloque puidemos. A Convención nacional deste 13 de Maio xa está na mellor historia do nacionalismo galego. Máis de 2.000 gorxas atronaron as paredes do Palacio de Congresos ao unísono. BE-NE-GÁ. BE-NE-GÁ. Intervencións vibrantes e enormemente sentidas para arroupar ao candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera. A Convención relanzou o proxecto do BNG e confirmouno como a única alternativa ao desgoberno do PP. En Bloque Podemos e por suposto que hai partido!