Ana Pontón volve a pedir no Parlamento o cese das obras dos ríos Sarria e Celerio
O deputada amosou a súa repulsa contra o desaloxo d@s veciñ@s concentrados en defensa do río afectado polas obras de adecuación da canle
A deputada Ana Pontón defendeu hoxe, en sesión plenaria, unha Proposición non de lei destinada a paralizar as obras de adecuación da canle dos ríos Sarria e Celeiro e reconsiderar o proxecto reclamando un novo plan que priorice a diminución de riscos de enchentes, e o respecto ao patrimonio artístico-cultural, paisaxístico e medio ambiental.
A parlamentaria amosou a súa solidaridade coas persoas desaloxadas no día de onte pola policía cando se encontraban concentradas reclamando a paralización das obras do río, foi unha intervención, dixo, covarde, inmoral e unha mostra da mediocridade e podredumbre instalada nalgunhas institucións.
Para a deputada, a intervención do portavoz popular reforza a proposta do BNG sobre unhas obras que non van solucionar as enchentes en Sarria, os cinco millóns que vostedes van investir de maneira destrutiva no hábitat natural que se conserva na zona non solucionara o problema. É necesario que escoiten aos veciños e veciñas e abran un debate para responder ás verdadeiras necesidades da zona.
A parlamentaria, parafraseando a tradutora, escritora e interprete, María Reimóndez afirmou que deberíamos parecernos máis ás árbores, ter máis raíces e defender a nosa terra en alusión ás obras de tala levadas a cabo nas marxes do Sarria.
Quero sumar a miña voz, dixo, á plataforma de Sarria porque é xusta a petición que nos trasladan, hai que repensar o proxecto para o río Sarria e Celeiro porque o actual non ten ningún sentido sobre todo nun contexto de crise económica destruíndo unha parte do patrimonio da vila e da contorna natural do río.
A deputada reiterou que non existe suficiente policía para frear a vontade dun pobo que quere defender o río porque non está disposto a amedrentarse, e así o demostran as máis de 5.000 sinaturas recollidas contra o proxecto.
O Partido popular rexeitou a iniciativa nacionalista, na mesma liña na que se pronunciou recentemente o propio conselleiro de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente, Agustín Hernández nunha resposta á unha pregunta formulada pola deputada Ana Pontón.