Ana Pontón esixe a retirada dunha campaña de publicidade da Xunta cun custe de 1ME
A voceira do GP do BNG considera "indecente" que nun momento de recortes como o actual se despilfarren tantos cartos públicos en publicidade e propaganda.
Non se pode tolerar que se estea recortando no básico aos cidadáns e a Xunta siga dilapidando miles de millóns de euros en publicidade e propaganda.
Reforma do Valedor
Ana Pontón fixo estas afirmacións en declaracións aos medios logo da reunión da Xunta de Portavoces, durante a que o PP vetou de novo as emendas nacionalistas á proposición de lei de reforma do Valedor, pois ningunha delas foi admitida a trámite por unha decisión claramenta política.
A parlamentar explicou que o PP non pode agacharse tras criterios supostamente técnicos e xurídicos para xustificar unha decisión que só ten como obxectivo limitar o debate sobre o Valedor e a capacidade dos grupos para presentar alternativas á súa reforma.
A voceira nacionalista afirmou que só os votos do PP impediron a admisión das emendas do BNG e lembrou que se está a falar dunha lei que claramente devalúa o papel dunha institución tan importante do ponto de vista democrático como é a do Valedor.