Alberte Mera: "Queremos convertir a indignación en rebeldía"
Alberte Mera García vén de ser elixido como novo secretario xeral de Galiza Nova. En dúas entrevistas publicadas en Faro de Vigo e El País, expón algunhas das chaves da axenda politica da organización xuvenil do BNG.
O responsábel de Galiza Nova afirma que quer "torcerlle" o brazo ao discurso "perverso" do PP e desmontarlle a dialéctica de que "todos somos iguais".
Afirma que a mocidade é "moi crítica e está indignada cunha crise que sofre diariamente. Pero o perverso foi a estratexia do PP que conseguiu que calara o seu discurso e convertiu a indignación en resignación".
Agora márcase como obxectivo "converter esa indignación en rebeldía" e afirma que o futuro pasa por "intensificar o noso traballo e sumar moita máis xente ao noso proxecto".
Alberte Mera afirma de xeito rotundo que "a mocidade está chamada a xogar un papel protagonista no proceso para fortalecer o BNG".